
Semana dos Dereitos da Infancia
A semana pasada tiveron lugar no noso colexio uns días do máis especiais!
Con motivo da celebración do Día das Dereitos da Infancia, tiveron lugar no noso colexio unhas xornadas de sensibilización nas que durante as reflexións da mañá, entre outras actividades e dinámicas, coñecemos e traballamos a empatía coas diferentes realidades das nenas e nenos do mundo.
A semana rematou cunha xornada moi especial. O alumnado de infantil veu ao colexio en pixama, e o de primaria coa bata de casa. Isto facémolo como un xesto para que se visualice o dereito que teñen todas as crianzas a ter un fogar.
Agradecemos á Asociación ACOUGO, que nace para representar ás familias acolledoras e as crianzas do sistema de protección de Galicia, a súa colaboración neste día.
Seguiremos sensibilizando e loitando por un mundo máis xusto para todas e todos!













