Sábado Santo
E chegamos ao Sábado Santo… Comezamos a mañá coa motivación e xesto que a Comunidade de Parmenia prestou desde Santiago a través de VCF a todo o sector e continuamos á tarde co testemuño de vida de dúas irmás dominicas francesas que acollen e atenden aos peregrinos do Camiño de Santiago desde Hontanas (unha aldeíña de Burgos).
Preparámonos para a Resurrección. Non é algo “máxico”: o resucitado é e será o crucificado. O que facemos nesta vida, ten un reflexo na eternidade.
As mulleres chegan ao sepulcro. Xesús non está, polo menos, non está como onte e os outros días. A súa presenza non se toca, nin se mide… pero está.
Esa é unha verdade das que só se captan co corazón, como cando tes a certeza de estar coa persoa que tes que estar, ou de facer xusto o que tes que facer.
Chega o momento de saír: non podemos volver construír outra burbulla… Xesús envía, convoca, provoca… e está. Poñémonos en camiño?
Vivimos o camiño de Emaús, como o fixeron dous dos discípulos. Tentamos sentir a Jesús, recoñecelo.
Ás 20,00 horas terminamos a xornada coa alegría da Vixilia Pascual, celebrada na parroquia de Milladoiro.
Feliz Pascua de Resurrección!