Resultados moi satisfactorios do alumnado de 2.º de Bacharelato
- Categorías Bacharelato, Colexio
- Data Xullo 20, 2020
Neste curso tan atípico, con tantas dificultades pola pandemia, o noso alumnado de 2º de Bacharelato conseguiu superar con éxito a etapa nunha porcentaxe moi elevada. Dun total de 110 alumnos conseguiron titular 108. E dos 108 presentados ás probas de ABAU conseguiron o aprobado 107. Felicitacións para todos e todas.
Como todos os anos, a USC fai un acto de recoñecemento aos mellores expedientes. Este ano terá que ser virtual, polas circunstancias, e vaise celebrar o mércores 23 de xullo. Do noso centro recibirán ese recoñecemento un total de 17 persoas, por ter acadado unha nota de 9 ou superior nas probas. Estes son os alumnos e alumnas:
- Laura Minia Buono Rodríguez
- Nerea Calviño Rey
- María Caridad Lado
- Clara Carril Bodelón
- Cristina Castro Mariño
- Enma Combo García
- Lucía Couto Cancela
- Marina Cuiñas Fariña
- Alba Gendra Conde
- Antía Iglesias Leiva
- Sara Lado Formoso
- Daniel Matalobos Méndez
- Pablo Paul Philips Lareu
- Alberto Romarís Campaña
- Iván Salsón Lage
- Guillermo Soto Sánchez
- Iago Villanueva Doforno
Parabéns polo recoñecemento!
Estes resultados tamén son un recoñecemento do traballo de todo o profesorado do colexio, ao que lles facemos chegar o noso agradecemento.