
Que boas festas!
A semana pasada gozamos de numerosas actividades no noso colexio como motivo da semana lasaliana.
Tanto o alumnado como o profesorado rompemos a rutina para desfrutar duns días de festa na honra do noso fundador. Ademais de afondar na súa obra e historia, realizamos un gran número de actividades.
Emocionámonos cunha inauguración chea de fermosas palabras e acompañada de moito baile e, por suposto, coa participación dos nosos clásicos cabezudos. Houbo obradoiros de cociña e clases de zumba para os máis pequenos de primaria así como unha intensa sesión de música e baile para os maiores. Ademais, tanto o profesorado coma o alumnado gozaron xuntos dunha fermosa celebración así coma duns xogos dirixidos no patio exterior do colexio aproveitando o bo tempo.
No noso colexio sentímonos en familia!






