
Preparámonos para a chegada do Entroido!
Se hai algo que nos encanta no noso colexio é celebrar as datas especiais con moito entusiasmo e dedicación.
Está a piques de comezar o Entroido e ao alumnado de primaria non lle chega de sorpresa. As nenas e nenos levan varias semanas preparando a decoración, especialmente nos obradoiros de Arts & Crafts onde cada nivel encargouse de facer algo distinto. Ademais, o máis enriquecedor é que a través das diferentes actividades e dinámicas puidemos afondar e aprender sobre diversas tradicións propias destas datas. Por exemplo, o noso alumnado de primeiro de primaria quedábase abraiado coas historias dos cigarróns, tan típicos do carnaval dalgunhas zonas de Galicia. Tamén o carnaval de Venecia deixou marabillados aos nenos e nenas de segundo de primaria.
Gracias a todo o traballo realizado, estes días temos a sorte de ter os corredores do colexio cheos de cor e arte. Xa se pode sentir que estamos ás portas do Entroido e no colexio La Salle estamos listos para celebralo.
Ver ás nenas e nenos preparar e vivir estes momentos con tanta ilusión é un dos moitos motivos que lle dá sentido a esta profesión.




