
“POR SAN MARTIÑO FAISE O MAGOSTO CON CASTAÑAS ASADAS E VIÑO OU MOSTO”
Un agradable recendo desprendían hoxe os fornos do noso cole…castañas asadas, quentiñas!!!
Gozamos dunha merenda especial, celebrando o noso Magosto particular!!
Celébrase de forma diferente en moitas partes do mundo ao longo do mes de novembro. O magosto tradicional enténdese coma unha merenda, a base de castañas asadas, chourizo, mosto… Como anécdota diremos que, nalgúns lugares, na noite de defuntos non se apagaba o lume e deixábase a mesa sen recoller pola noite coas castañas sobrantes por se pasaba algún finado para se quentar un pouco e comer.
Nas aulas fixemos debuxos, adiviñas e un cucurucho para degustar as nosas castañas asadas.
O mais importante disfrutar xuntos mellor!!!
“CASTAÑA QUE ESTÁ NO CAMIÑO, E DO VECIÑO”
PILI CASTRO
Mestra de Educación Infantil


