
Plan de achegamento á realidade
O PAR deste curso para 4º da ESO fíxose en colaboración cos que loitan no día a día contra a inxustiza da explotación sexual. No primeiro ptrimestre coñecimos a organización A21 e neste tivemos a fortuna de poder contar con Lourtes e Tati do programa Vagalume que achegáronse ás aulas para traballar na concienciación dos alumnos.
En palabras de alumnos de 4.ºC:
Inés Combo e Eva García
Dende o noso punto de vista, foi unha charla moi interactiva e necesaria. Este tema é unha realidade que, aínda que non o pareza, está moi próxima a nós. É por isto polo que conta cunha alta importancia informar ás novas xeracións para, eliminalo da nosa sociedade.
Héctor Veiga, Pablo Vázquez, Óscar Pereiro e Marko Díaz
Pareceunos unha charla moi interesante que nos axudou a ter máis coñecementos sobre este tema tabú e así poder evitar este tipo de actos tendo máis empatía con estas mulleres. Tamén nos gustou que fose tan interactiva e a súa maneira cercana de explicar. Achegounos aos perfiles dos homes/clientes e non coincidían nada coa nosa imaxe previa.
Nicolás Piñeiro, Lucas Dagnac, Lucas Novo e Claudia Castelao
O que máis nos sorprendeu foi que a prostitución fose alegal en España, nin legal nin ilegal. Isto fai que as mafias poidan aproveitarse da xente en situación precaria para sacar beneficios sen ningunha consecuencia xurídica.
Xuntos faremos o cambio!


