
“Os nenos e nenas non xogan para aprender pero aprenden porque xogan” Jean Piaget
O método ideal para ensinar inglés é aquel que favoreza a comunicación e para iso é necesario crear un ambiente onde o estudante se sinta cómodo e motivado, facendo que a aprendizaxe sexa significativa e duradeira.
Un recurso que nunca falla nestas idades temperás é o XOGO. O xogo axuda aos nenos e nenas a comprender e coñecer o mundo, descubrindo as súas posibilidades e mesmo fai que amosen as súas emocións e controlen os seus impulsos.
Por iso, no internivel de inglés estamos xogando este trimestre coa roupa e a comida: damos de comer aos compañeiros, vestimos os nosos bonecos, bailamos, cantamos e escoitamos contos coa intención de aumentar o noso vocabulario xa que, canto mellor o dominemos e canto máis rico sexa, mellor entenderemos e mellor nos comunicaremos.
EQUIPO DE EDUCACION INFANTIL



