
O NOSO PEQUENO UNIVERSO
Esta semana tivemos unha axuda moi especial nas aulas de Infantil. Varios pais e nais achegáronse ao cole para acompañarnos e colaborar na elaboración de disfraces relacionados co proxecto que estamos a traballar: O UNIVERSO.
Xuntos recortamos, pegamos, pintamos e demos forma a astronautas, planetas e astros, compartindo ilusións, creatividade e moi bos momentos.
Agradecemos fondamente a vosa colaboración, xa que a educación é unha tarefa compartida entre a escola e as familias. Contar coa vosa presenza, o voso tempo e a vosa ilusión enriquece máis cada actividade e fai que os pequenos se sintan acompañados, orgullosos e felices de compartir o cole coa súa familia. Sen dúbida, experiencias así axúdannos a medrar xuntos como comunidade educativa.











