
O Entroido chega a primaria!
Por fin chegou o día no que tanto o alumnado coma o profesorado de primaria puideron gozar celebrando o Entroido por todo o alto.
Despois de semanas de preparación, chegou o día no que as nenas e nenos puideron traer ao colexio os seus disfraces favoritos. Con moita emoción puideron desfrutar dunha tarde soleada na que tódalas persoas da etapa cantamos, bailamos e comemos cheas de ilusión.
Que bonito é sentirse familia!




