O Alzheimer
O martes 10 de outubro os alumnos de psicoloxía de 2º de Bacharelato disfrutamos da visita do neurobiólogo Carlos Spuch, un investigador do grupo de neurociencia, que forma parte dun programa para centros educativos de concienciación do alzheimer. Durante a visita, tivemos ademais a testemuña dunha parella que sofre día a día esta realidade nas súas vidas.
Presentábase o caso de Lolis, unha muller de terceira idade que daba a coñecer como é experimentar a diario os efectos do Alzheimer, que dificulta a súa rutina cotiá. A súa vez, a súa parella expoñía o seu caso: disfrutaron dunha vida sen complicacións ata a chegada do Alzheimer, facéndonos ver que esta patoloxía pode afectar a calqueira de nós, tanto de forma directa como nalgún ser querido.
Posteriormente, o investigador en neurociencia Carlos Spuch, presentado por un dos traballadores sociais que acompañaron a charla, tratou de explicar de forma clara e precisa a forma na que afecta esta enfermidade no cerebro, aportando numerosos estudos realizados. Tamén se falou de casos de personas coñecidas a nivel global que impresionaron a todos os oíntes.
Agora, estamos desexando avanzar á segunda fase do programa para seguir coñecendo esta situación que afecta a gran parte da poboación.
Alonso Agra e Inés Soto