Ninguén sen pixama!
Tedes pensado cantas nenas se deitan cada noite vestidas coa mesma roupiña do día enteiro?
Imaxinades cantos nenos desexan un bico de “boa noite” que nunca chega?
Este venres 19 de novembro, na nosa Festa do Pixama, os nenos e nenas de Infantil e mais as profes, xunto coa etapa de Primaria celebramos a iniciativa de asociacións coma “Acougo” (ASEAF) que facilitan a Acollida Familiar.
Eles sí coñecen a moitos nenos e nenas que viven sen dispoñer do esencial, e por iso, coa súa asociación, fan posible que moitos deles medren cunha familia que os coida e os protexe, para que, por fin!,poidan deitarse cada noite despois de vestir o pixama…
E se queredes saber máis, visítanos neste link.