
MODELO DE PARLAMENTO EUROPEO NO COLEXIO LA SALLE
- Categorías Actualidade, Bacharelato
- Data Novembro 5, 2025
O pasado xoves 16 de outubro celebrouse no noso colexio a Fase Escolar do Modelo de Parlamento Europeo, actividade que pretende fomentar a capacidade de debate e expresión en público dos estudantes. Un total de setenta e dous alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato participaron neste certame. Ao longo do día, nas distintas Comisións, se foron presentando as súas opinións e elaborando resolucións sobre problemas da actualidade como: “A crise da vivenda na UE”, “ReArm Europe: iniciativa de defensa estratéxica”, “A xestión de recursos hídricos” e “A regulación ética da Intelixencia Artificial”. Estas Comisións estiveron presididas polos seus compañeiros de 2º de Bacharelato, seleccionados para a Fase Autonómica e Nacional na edición anterior deste certame. Pola tarde, estes acordos e propostas foron defendidos e debatidos nunha auténtica Asamblea Parlamentaria.
Os delegados seleccionados para a próxima Fase Autonómica que se vai celebrar os días 15, 16 e 17 de novembro, xunto con estudantes de toda Galicia, son os alumnos de 1º de Bacharelato: Claudia Benito Illobre, Noa Fernández García, Alfredo de la Guardia Castro, José Manuel Fernández de Jesús, Martín Fraga Gigirey, Miguel González Lichtenstein, Mateo López Rodríguez e Gael Penela Roel.
Ademais, outros catro alumnos foron seleccionados para participar no torneo de debate académico TDAG: Irene Tasende Vidal, Antón Navaza Rodríguez, Martín Ferreiro Vidal e Mariña Pascual Rodríguez.
Esperamos que a experiencia que lles proporcionou esta actividade lles poida resultar útil pensando no seu futuro persoal e profesional. Noraboa a todos!


Tamén che pode interesar
Magosto e Samaín no cole
Carreira Pedestre de Santiago 2025!
