MEP: un espazo en que a palabra e os argumentos moven ás persoas
Tres alumnos do colexio pasan á fase Nacional
En outubro, máis da metade dos alumnos de 1.º de Bacharelato participamos nunha sesión escolar do Modelo de Parlamento Europeo, na que debatemos diversos temas de gran relevancia na actualidade. Divididos en catro Comisións, tratamos O desafío dos fluxos migratorios, A xornada laboral de 32h semanales, A desinformación como ataque á democracia e O novo Bauhaus europeo e os espazos comúns.
Tras esta fase escolar, oito de nós tivemos a oportunidade de pasar á Fase Autonómica xunto con alumnos doutros centros de toda Galicia cos que intercambiariamos ideas e compartiriamos unha experiencia inolvidable.
Despois de moito diálogo e traballo, e unha apaixonante sesión de debate que tivo lugar no hemiciclo do Parlamento de Galicia, tres de nós fomos escollidos para representar ao colexio na XXII Sesión Nacional do Modelo de Parlamento Europeo, que se celebrará en Madrid, no Congreso dos Diputados, do 6 ao 9 de maio. Estamos desexando vivir este encontro e coñecer os puntos de vista dos nosos compañeiros do resto do país, o que de seguro será enriquecedor para todos nós.
Felicitamos de igual modo á nosa compañeira de 2.º de Bacharelato Marta Seoane Abraldes que foi escollida no primeiro posto na fase Nacional do curso pasado, entre os 10 mellores de toda España para a Sesión Internacional, con destino Sofía (Bulgaria) o mes de novembro.
Tanto ela coma nós temos claro que esta vivencia está a fomentar a nosa capacidade crítica e, asimesmo, a das nosas xeracións ensinando o debate non coma unha loita, senón coma unha posta en común.
Pablo Domínguez Calatayud
Raquel Soto Sánchez
Pedro Vázquez Sánchez- Agustino