
Marcha e cea diferente!
Un ano máis, movémonos con Proyde nunha marcha e cea solidaria.
O pasado venres 23 de maio, un numeroso grupo de persoas da comunidade educativa de La Salle Santiago formado por alumnado de todas as etapas, profesorado e familias, pasou unha xornada solidaria do máis agradable a prol de Guatemala.
Comezamos coa marcha solidaria, na que camiñamos dende o Monte do Gozo ata o colexio. Foron sobre 5 quilómetros nos que compartimos conversas, risas e xogos. Ao chegar ao colexio, gozamos dunha rica merenda na que puidemos probar diferentes produtos de comercio xusto. Despois dun rato de descanso, e xa coas pilas cargadas de novo, puidemos escoitar á profesora Amalia que nos falou da súa experiencia como voluntaria na India.
Para rematar, gozamos dunha deliciosa cea en familia, na que ademais de compartir mesa e conversacións, tamén entramos no sorteo de diferentes agasallos. Que ilusión as caras do máis pequenos cando saía a súa rifa premiada.
Sen dúbida, quedamos con ganas de máis, xa que estes momentos solidarios compartindo tanto tempo e experiencias xuntos son inesquecibles.
Vémonos para o ano que vén!





