
LER PARA CRECER
Os nenos e nenas de catro e cinco anos vivimos una experiencia inesquecible na sede Afundación Santiago na XX Campaña Municipal de Animación á lectura “Ler para Crecer”.
Foi una mañá chea de ilusión, palabras e melodías da man de Paco Nogueiras, que nos fixo viaxar co seu xeito de contar historias, sempre acompañando coa súa música.
Durante a sesión, puidemos desfrutar de contos como Bim Bam Bum, A selva ou O can de Milu. Cantamos, batemos palmas, percorremos a exposición ao ritmo da música e deixámonos levar pola maxia das historias.
Foi unha mañá fantástica, na que o paseo, o sol e os contos se uniron para regalarnos un día para lembrar e onde descubrimos que ler é unha aventura apaixonante.








