La Salle na final do Parlamento Xove
Os dous equipos de 1.º de Bacharelato que participaron na competición de debate Parlamento Xove, na que competían equipos de toda Galicia, obtiveron magníficos resultados. Ambos gañaron o tres debates e clasificáronse para a fase final que terá lugar no mes de maio no Parlamento de Galicia.
Os alumnos Julia Gil, Lucía López, Alba Sánchez e Claudia Castiñeiras (La Salle 2, obtiveron o primeiro posto) e Lucas Pérez, Mateo Somoza, Naroa Mosquera e Cristina Igrexas (La Salle 1, o terceiro posto). Ambos os equipos fixeron un papel estupendo, conseguindo altísimas puntuacións. Desexámoslles moita sorte na final.