Irmandamento
O noso Fundador dicidiu dende o principio que os que adquirían o compromiso de participar na súa obra fosen chamados IRMÁNS e queremos seguir sendo partícipes dese espírito de fraternidade a través do proxecto de irmandamento na nosa escola.
Hoxe 20 de novembro, Día do Neno, realizamos o primerio acto de irmandamento colexial deste curso, no que os rapaces se coñeceron como irmáns.
Unha gran experiencia para afondar nas nosas relacións, aprender a compartir e fomentar o respecto. Pasamos todos un momento moi entrañable e especial. Ata a próxima!