Formación en primeiros auxilios
Por fin podemos facer as cousas importantes. Respectando as medidas anticovid, os membros de Protección Civil de Santiago acompañáronnos estes días para explicar aos alumnos de 4.º ESO, nas clases de Educación Física, como facer as manobras de Reanimación Cardiopulmonar (RCP) e a Manobra Heimlich, entre outras cousas.
As clases son totalmente prácticas e os estudantes puideron realizar estas manobras cos manequíns de reanimación que nos proporcionaron.
Tamén agradecemos a dispoñibilidade voluntaria dos membros da Asociación Local de Protección Civil de Santiago para levar a cabo estas prácticas.