Formación en NCA
O mundo cambia; a educación en La Salle, tamén. Baixo o slogan que recolle a nosa campaña de escolarización 2020/21, tivo lugar a formación en NCA (Novo Contexto de Aprendizaxe) que se desenvolveu durante os días 14 e 15 de xaneiro a través de videoconferencia.
Un grupo nutrido de docentes, procedentes dos 120 centros educativos do territorio nacional, participaron nos diferentes módulos e presentacións desenvolvidas. Intensas xornadas de traballo que puxeron no centro os fundamentos e fontes pedagóxicas que nutren esta metodoloxía, as ancoraxes curriculares ao sistema educativo, os principios pedagóxicos e os ámbitos de aprendizaxe que se implantarán na práctica da aula e, finalmente, a presentación dun sinxelo portfolio cos materiais tipo que se utilizarán durante o desenvolvemento das sesións de traballo cos alumnos.
Imaxinar un lugar onde os nenos poden tomar contacto co seu futuro é posible. Estamos falando dun futuro que xa é presente nas comunidades educativas La Salle e que, máis de 300 anos despois, segue sacando o mellor de cada alumno e de cada mestre.
O docente e coordinador NCA para a zona noroeste, Javier del Valle, foi un dos relatores que guiaron os tempos de exposición e traballo dos asistentes, ao mesmo tempo que ía intervindo ante as diferentes cuestións que foron expoñendo os participantes. As xornadas finalizaron cun tempo compartido de reaccións, suxestións e dúbidas comúns que deixaron moi bo sabor de boca entre os asistentes.