
Falecemento do Irmán Franscisco Tudanca
Onte, 23 de xaneiro, faleceu en Bujedo (Burgos) o Ir. Francisco Tudanca, cando estaba xa moi próximo a facer os 92 años. Foi profesor, prefecto e director do Colegio La Salle en dúas ocasións: de 1965 a 1967 e de 1975 a 1978. En conversacións informais sempre recordaba os anos pasados aquí e a xente coa que conviviu e compartiu a misión. Non escondía que foron anos complicados, de loitar moito e de afrontar cambios significativos no colexio.
Deixou pegada en moitos de nós pola súa lucidez, valentía e apertura de miras. Tamén pola súa fe profunda. Seguimos unidos na dor da perda e na esperanza del reencontro.