Excursión 3.º da ESO
O pasado luns, 13 de xuño, os alumnos e alumnas de 3º da ESO realizaron unha excursión de fin de curso ateigada de aire libre, camiños á beira da costa e moito, moito compañerismo. Despois de xuntárense na dársena do colexio, foron en autobús ata Castro Baroña, onde un guía do Centro de Interpretación do Castro os ilustrou sobre as características deste asentamento milenario. Non faltou a foto de grupo neste monumento dos nosos ancestros antes de seguir camiño, desta vez a pé, ata a praia da Aguieira.
Despois de poucos máis de 11 km de percorrido ao carón da costa, chegaron ao merendeiro ao carón deste areal, onde os rapaces e rapazas puideron recuperar forzas antes de pasar unha tarde animada nesta magnífica praia. Voltaron para a casa cansos pero felices de compartiren un día cos seus campañeiros e compañeiras de curso.