Estudantes de Bacharelato no modelo de Parlamento Europeo
Os días 28 e 29 de novembro, oito alumnos de 1.º de Bacharelato representaron o colexio na fase autonómica do Modelo de Parlamento Europeo. Trátase de Aldara Buch, Pablo Domínguez Calatayud, Candea Bengoa, Raquel Soto, Pedro Vázquez , Blanca Noya, Carlos Arjona e Pedro Rodríguez Tomé. No hemiciclo do Parlamento de Galicia alcanzaron consensos, debateron emendas e presentaron resolucións sobre temas tan actuais como O desafío dos fluxos migratorios; A xornada laboral de 32 horas semanais: retos e beneficios; A desinformación como ataque á democracia ou A nova Bauhaus Europea e os espazos comúns.
As comisións estiveron presididas por alumnos de 2.º de Bacharelato, que foron seleccionados para a fase nacional na anterior edición. Por parte do noso colexio estiveron Marta Seoane, Magdalena Carranza, Sofía López, Alba Abalo e Ada Quintela.
Dámoslles os parabéns a todos polo excelente labor que realizaron.