Encuentro de delegados de pastoral en Arcas Reales
O grupo de coordinadores, integrado por 22 docentes procedentes dos diferentes centros educativos da zona noroeste, retomou as reunións presenciais para poñer en común as diferentes realidades pastorais e comezar a planificación do curso. Do noso colexio asistiron María Chao e Mar Fernández.
O pasado 23 de setembro, os delegados de pastoral do sector Valladolid participaron no primeiro encontro presencial de pastoral celebrado, durante o presente curso, na residencia de Arcas Reales (Valladolid). O Ir. Rafael Palomera, delegado de pastoral do Sector, foi o encargado de coordinar as diferentes sesións de traballo que se levaron a cabo ao longo da mañá.
Tras un primeiro momento de saúdos, reencontros y presentacións entre os asistentes, a mañá comezou cunha dinámica de reflexión pastoral conxunta, na que se compartiron as diferentes realidades pastorais dos centros despois da pandemia da COVID-19. Tras dun ano e medio marcado polas restriccións e as propostas dixitais, é momento de retomar a presencialidade dos encontros e as actividades con xóvenes. O diálogo moderouse ao longo da mañá entre toda a asamblea, pero tamén houbo tempo para que as obras educativas se xuntasen por grupos de proximidade para pensar e plantexar accións conxuntas.
Non foi menor o ritmo durante a sesión da tarde, na que se presentaron e planificaron as quendas das diferentes actividades do curso pastoral para os centros da zona noroeste. A xornada tomou o seu fin cun peche celebrativo, ao máis puro estilo do Novo Contexto de Aprendizaxe, co propósito e o ánimo de seguir acompañando nos seus procesos aos xóvenes das realidades locais.