Congreso equis
O martes vindeiro, día 15 de marzo, vaise celebrar en Madrid un congreso sobre educación. Está organizado pola Rede de Obras La Salle, formada por case 120 centros repartidos por toda a xeografía española, entre os que se inclúen 95 colexios, dous campus universitarios e por riba dunha decena de obras socioeducativas. O congreso leva o título: “Equis. Un interrogante sobre el ser, el contexto y la educación”. Vertébrase sobre tres eixes que consideramos esenciais e que marcan a reflexión coa que queremos poñer o foco na educación en maiúsculas, afastada de calquera tipo de cualificativo. Os ditos eixes son:
- O ser e a persoa como centro que debe acaparar a atención na aprendizaxe.
- O contexto no que vivimos e que, certamente, marca que e como aprender.
- A resposta que aos desafíos actuais ofrece La Salle e que se pousan na necesidade de formular novos modelos pedagóxicos que respondan a unha educación para hoxe.
Unha oportunidade para devolverlle á educación a importancia que ten como ferramenta transformadora e de construción de persoas que son quen de facer deste mundo un lugar mellor.
Convidamos a asistir a todas as consellerías de Educación das respectivas comunidades autónomas. De Galicia asistirán o director xeral de Centros e Recursos Humanos, D. Jesús Manuel Álvarez Bértolo, e D. Ángel Rodríguez Sánchez, director do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI e CFRs).
Poderase seguir o congreso por streaming, tal e como indican na páxina web https://congresoequis.com/ onde tamén podemos ver a axenda e os relatores. Os relatorios serán accesibles na canle oficial de Youtube do distrito ARLEP.