
Como nos gustan os talleres interdisciplinares!
En terceiro de primaria, xa comezamos cos talleres interdisciplinares, desta vez metémonos no apaixonante mundo do xadrez.
Os talleres interdisciplinares lévanse a cabo entre proxecto e proxecto na etapa de Educación Primaria. Os temas son do máis variado. Neste caso, tocou comezar a traballar co xadrez. Neste momento, as nenas e nenos están familiarizándose coas pezas, cos seus movementos e coas diferentes estratexias que poden utilizar para xogar. Utilizamos tanto o taboleiro e as pezas físicas tradicionais, coma algunha aplicación coa que poden practicar de forma sinxela os diferentes movementos aprendidos.
Unha vez máis, o alumnado demóstranos o ben que aprende cando se atopa motivado e con ilusión!









