
COMO ATRAPAR UNHA ESTRELA
O pasado venres pola mañá vivimos no cole unha experiencia moi especial para poñer o broche final ao noso proxecto sobre o Sistema Solar. Visitounos Eduardo, o papá dun dos nosos alumnos, que quixo compartir connosco a súa paixón polas estrelas e fixo que pasásemos un tempiño fantástico.
Despois de ler o conto Como atrapar unha estrela, Eduardo soubo cativarnos a todos falándonos das estrelas, dos planetas, dos telescopios e de moitos segredos do espazo. Os peques participaron con moitísimo entusiasmo, intervindo e compartindo todo o que foran descubrindo ao longo do proxecto.
Foi unha mañá máxica, chea de ilusión e aprendizaxe, na que nos demos conta de que o universo é enorme… tan grande como as nosas ganas de aprender!
Moitas grazas, Eduardo, por regalarnos esta mañá tan inesquecible para todos.








