Comedor escolar
Unha alimentación sa e variada
Inscrición para o comedor curso 2025/26 (dende o 01 de septembro de 2025): Comedor
No comedor do colexio os vosos fillos e fillas desfrutarán dunha alimentación saudable e variada, elaborada nas nosas propias cociñas. Produtos frescos e menús equilibrados, supervisados por distintos organismos especializados en nutrición. A xestión do comedor realízase a través da empresa SERESCA.
Os cociñeiros elaboran as comidas co máximo control hixiénico-sanitario e, sobre todo, con moito agarimo para que o alumnado desfrute da comida. Todos os pratos elabóranse diariamente no centro con produtos frescos: cremas de verduras, caldos... Os empanados e rebozados tamén se preparan na nosa cociña, evitando calquera precociñado. Independentemente da guarnición e sobremesa establecidas no menú, o alumnado ten a posibilidade de tomar diariamente ensalada e froita fresca.
O alumnado de Infantil e ata 3.º de Primaria será servido na mesa e atendido polos seus monitores e monitoras.
O alumnado de 4.º de Primaria en adiante pasará polo liñal de autoservizo. Así, poden escoller entre dúas opcións de cada prato, dous primeiros e dous segundos, para poder adaptar o menú aos seus gustos e preferencias; iso si, dentro do mesmo grupo alimentario, garantindo así a variedade nutricional durante a semana.
En ningún caso se utilizan produtos con aceite de palma. Por outra banda, o peixe conta coas garantías ambientais e de procedencia pertinentes.
Dispoñemos de menús adaptados a todo tipo de alerxias e intolerancias (menú sen glute, menú sen peixe, menú sen ovo, menú sen froitos secos, menú sen legumes…). Tamén se atenderán outras dietas específicas por prescrición médica (dietas para diabéticos, dietas hiposódicas, hipolipídicas…).
Desde o punto de vista educativo, o comedor é un lugar privilexiado para reforzar os bos hábitos que traballades na casa. Por iso, profesorado, persoal de cociña e monitores implicánse para que os vosos fillos coman de forma saudable sen esquecer as normas de educación na mesa.
Poderán facer uso do comedor todos os alumnos que o soliciten, ben mensualmente ou por días soltos (neste caso deberán solicitalo antes das 10:00 h dese día na recepción). O alumnado que faga uso deste servizo será atendido ata o inicio das clases da tarde. Non poderá saír das instalacións do colexio sen unha autorización previa da familia.
Entregarase o menú mensual ás familias e estará dispoñible tanto no taboleiro de anuncios da recepción como na propia páxina web.