
Clasificados no Rebumbio matemático!
O pasado 26 de abril celebrouse a Fase Local do Rebumbio Matemático en Santiago de Compostela, na facultade de Ciencias da Educación.
O noso colexio presentou tres equipos, un por cada clase de sexto de primaria:
– “A fracción do humor” de 6ºA. Pablo Peñamaría, Alejandro Guirado e Manuela Pérez.
– “Os problemáticos” de 6ºB. Héctor Concheiro, Xurde Riestra e Manuel Villar.
– “Os múltiplos de tres” de 6ºC. Tomás Zas, Mauro Vázquez e Carmen Sesar.
As nenas e nenos que participaron no concurso tiveron dúas horas para realizar 6 problemas onde, ademais de resolvelos, tiñan que ser o máis creativos e creativas posible na súa resolución.
Participaron equipos de diferentes colexios de Santiago e da contorna, e só se podían clasificar tres. Un dos equipos clasificados foi do noso centro, “Os problemáticos”, que competirá na Fase Final que será en A Coruña o vindeiro 24 de maio xunto cos finalistas de outras zonas de Galicia.
As nenas e nenos que participaron desfrutaron moito desta experiencia, e nós estamos moi satisfeitas e orgullosas do traballo de todos e todas as participantes!
Agradecemos moito o traballo do profesorado que os está acompañando no proceso e desexámoslles moita sorte!

