Charla RCP (Reanimación cardio-pulmonar) · 6º Primaria
- Categorías Actualidade, Primaria
- Data Xuño 4, 2020
O alumnado de 6.º de primaria tivemos a oportunidade de coñecer as manobras de RCP da man do grupo de médicos do servizo Semergen.
Que debemos facer cando unha persoa ten unha parada cardio-respiratoria?
A resposta foi o centro da nosa actividade. A parada cardio-respiratoria identifícase cando a respiración e as pulsacións da persoa son imperceptibles. Nese momento é cando debemos realizar a manobra coñecida como RCP (Reanimación cardiopulmonar).
Nesta actividade puidemos escoitar a experiencia de varios expertos do grupo, como Daniel Rey. Tamén nos achegaron a oportunidade de realizar a práctica cunha pequena simulación. Coa a súa axuda e en pequenos grupos puidemos realizar a masaxe cardíaca e a insuflacións de maneira case real.
A verdade é que esta experiencia, que realizamos no mes de novembro, foi moi positiva. Démonos conta do importantes que somos, sobre todo, en situacións de risco coma estas e de todo o que podemos facer coas nosas mans para salvarmos vidas.