
Celebrando THANKSGIVING cun bo pavo
Cun par de plumas e as nosas mans, representamos o “thanksgiving” americano.
O día de Acción de Grazas celébrase desde hai máis de 400 anos. A súa orixe remóntase a 1960, data na que un grupo de inmigrantes chegaron desde Inglaterra a Estados Unidos. Os indios nativos axudáronos a traballar as terras e a prosperar. Como agradecemento, os inmigrantes europeos organizaron unha gran cea que durou varios días. Imaxinádesvos cal era o prato principal? Si, o pavo!
Hoxe en día, as familias reviven esta tradición compartindo un menú (na maioría dos casos pavo asado) arredor dunha mesa. Todos dan as grazas por terse os uns aos outros e poder seguir compartindo ese día, ano tras ano.