
Celebramos o outono!
O pasado xoves tivemos unha estupenda xornada no noso colexio!
Baixo unha fermosa tarde soleada, as nenas e nenos de primaria puideron celebrar o tan desexado magosto no patio exterior da nosa escola. Despois de escoitar unha historias de medo escritas polo alumnado de 5º de primaria, comezou a degustación das castañas.
Cantos e bailes tradicionais da nosa terra, xogos, contos e castañas, moitas castañas! Así é como o alumnado e os profesores e profesoras gozaron deste tempo de celebración.
Agradecemos, un ano máis, a colaboración da Afa para que todo puidera saír así de ben, nun marabilloso ambiente no que non faltou de nada.
Agora, a continuar desfrutando do outono!









