
Carreira Pedestre de Santiago 2025!
O pasado domingo 26 de outubro vivimos unha mañá fantástica na 46ª edición da Carreira Pedestre de Santiago de Compostela.
O tempo acompañou, pero o mellor foi ver a tantas familias, alumnas e alumnos e profesoras e profesores do centro participando e gozando desta cita tan especial.
Temos moito que celebrar, xa que o noso colexio acadou dous premios moi destacados:
-Premio ao centro educativo con maior participación.
-Premio ao primeiro centro de ensino clasificado.
Estes logros son o reflexo do traballo, ilusión e compromiso de todo o profesorado e alumnado, que día a día fomentan o deporte, o compañeirismo e os valores que fan grande esta carreira compostelá.
Grazas a todas as persoas que o fixestes posible, tanto na organización como animando e acompañando ao longo do percorrido.
Parabéns a toda a comunidade educativa! O próximo curso… imos a por máis!









