
Canto aprendemos coa Policía Local!
Un ano máis, o alumnado de 4º de primaria tivo unha experiencia do máis enriquecedora!
As nenas e nenos tiveron unha charla de educación vial moi interesante no colexio, levada a cabo por un policía local de Santiago. A continuación, foron a visitar a comisaría onde estes policías levan a cabo parte do seu traballo no día a día.
Todos os espazos e zonas resultaron abraiantes para o noso alumnado pero, sen dúbida, onde máis impresionados e impresionadas se atoparon foi ao poder observar a sala dende onde se controlan os semáforos, as chamadas dos cidadáns e cidadás, entre outras cousas.
Agradecemos moito a oportunidade e o bo trato recibido, e agardamos poder repetir o próximo curso!



