Cal é o país máis rico do mundo?
Co galo do programa Ponte recibimos nas aulas de Economía de 1.º de Bacharelato ao profesor de Administración de Empresa da USC Adrián Dios. A pregunta de partida facíanos pensar no que é a riqueza e cómo medila. Nunha sesión moi participada polo estudantado, Adrián foi desmenuzando os conceptos do PIB, da renda per cápita o IDH… para acabar recalando na inflación e o seu impacto nas nosas vidas. Moitas grazas profesor, sempre é unha riqueza poder dispor do tempo, os coñecementos e a cercanía dos demáis.
Ata a próxima!