Benvidos ao noso museo
“Da quietude nace a inspiración
e do movemento xorde a creatividade”
ISABEL ALLENDE
Abrimos as portas das nosas aulas para compartir o PRODUTO FINAL do proxecto NCA que durante estos meses nos ocupa, inspirado pola época renacentista e máis en concreto, o inimitable Leonardo Da Vinci.
A través das súas miradas e mans, os nosos pequenas e pequenos souberon extraer o mollo da inspiración do Xenio e convertelo en tanxible creatividade.
Un conxunto de pequenas esculturas e tres grandes espazos repletos de inigualables versións artísticas, non fan máis que demostrar o potencial artístico que habita nos nosos corredores.
SONIA FRANCO TORRES
Mestra de Educación Infantil