
Benvido outono!
Chegou o outono e xa se nota nas nosas aulas!
Esta semana, as nenas e nenos de segundo de primaria gozaron na clase de Arts&Crafts facendo uns fermosos ourizos. Puideron traballar distinto vocabulario en inglés ao mesmo tempo que ían realizando a actividade.
Para facer o corpo e as espiñas o alumnado recortou varias formas xeométricas que, unha vez pegadas, daban forma ao lindo animaliño. O que máis lles gustou aos nenos e nenas foi colocarlle unha castaña, grande ou pequena segundo a súa elección, para facer de nariz. Puidemos aproveitar as que fomos atopando nos parques da nosa cidade.
O ambiente que se crea na aula ao facer actividades que nos gustan e coas que aprendemos é marabilloso.
Continuamos aprendendo xuntos!


