Bacharelato
Esta etapa é de carácter non obrigatorio e comprende dous anos académicos onde deseñamos un itinerario formativo no que o alumnado cursa materias de carácter troncal e de opción, así como unha serie de materias específicas que os capacitan para acceder a un ensino universitario ou superior.
Acompañamos os nosos alumnos durante esta etapa, na que continuará a súa formación académica e o seu crecemento persoal desde a educación en valores, e dentro do marco da pedagoxía lasaliana. Terán a oportunidade de prepararse a fondo para o acceso á universidade ou a un ciclo formativo de grao superior.
Traballaremos xuntos para preparar a fondo a proba ABAU e para que a formación sexa o máis integral posible. Por iso, desde unha visión holística, na escola lasaliana buscaremos o desenvolvemento de todas as dimensións que nos conforman como persoas: a racional, a emocional, a espiritual, a interioridade, os valores...
En Bacharelato os titores fan un seguimento persoal de cada alumno, con entrevistas individuais e de pequeno grupo para axudalos a mellorar naqueles aspectos nos que se percibe marxe para iso.
Para acompañar o crecemento persoal e profesional dos alumnos dispoñemos, tamén, dun servizo de orientación académica moi competente que asesora sobre intereses profesionais, técnicas de estudo, planificación do traballo e coida aspectos fundamentais nos alumnos como a autoestima, as habilidades sociais e a superación. O equipo de orientación, xunto coa ANPA, organiza unha feira de universidades e unha semana de orientación profesional con presenza de profesores de universidade, pais e ex-alumnos moi ben valorada polos propios alumnos.
A sa convivencia escolar é un obxectivo prioritario que coidamos día a día nas formas de relación entre os alumnos e o resto da comunidade educativa. Para completar a vida académica ofrecémoslles experiencias culturais, deportivas e artísticas para poder viaxar, crecer culturalmente e abrir a súa mente a novas formas de lecer e goce estético. Isto enriquece a persoa e fai que os alumnos que estudan en La Salle teñan a oportunidade de ser persoas completas e íntegras preparadas para a vida.
O acompañamento é especialmente importante cando o alumnado procede doutro centro escolar. Neste caso o labor dos titores é esencial, e plásmase na atención individualizada que a titoría ten nesta etapa, e que é unha opción colexial.
O alumnado do colexio participa no do concurso de debate Parlamento Xove, conseguindo uns magníficos resultados. O colexio La Salle ten moi claro que saber falar en público e as habilidades sociais que isto implica son competencias necesarias para a futura vida profesional dos seus alumnos. Por iso dálle unha importancia fundamental á oratoria. Desde hai xa varios anos participa en diversos programas educativos destinados a este fin. Ademais do Parlamento Xove, varios alumnos son seleccionados para participar no programa simulación das Nacións Unidas, CWMUN (Change the World Model United Nations) celebrado en Barcelona e integramente en inglés.
A oratoria e o debate estimúlanse en todos os nosos estudantes. De feito, moitos alumnos de primeiro e segundo de Bacharelato participan no Modelo de Parlamento Europeo, sendo seleccionados sempre para a Fase Nacional.
En palabras de Laura: “O Modelo de Parlamento Europeo foi unha experiencia enriquecedora e, en poucos días, puidemos debater moitos temas de interese político e social, ademais de ter a sorte de coñecer a persoas de todos os recunchos do noso país".
Ciencias da Saúde
Neste itinerario as materias centrais serían as relacionadas coa Bioloxía. As Matemáticas son a materia troncal obrigatoria e enténdense como materia instrumental e auxiliar doutras como a Física ou a Química.Como deixa intuír o nome, as saídas recomendables sitúanse no ámbito da saúde (Fisioterapia, Enfermería, Medicina, Farmacia…) e no ámbito experimental (Química, Matemáticas, Bioloxía…). É tamén o itinerario que deben realizar os alumnos que se encamiñan a un Ciclo de Grao Superior da familia da Sanidade
Tecnoloxía
Este é un itinerario científico con materias características como son o Debuxo Técnico e a Tecnoloxía Industrial, a materia troncal obrigatoria é, do mesmo xeito que no itinerario anterior, Matemáticas. Está pensado para alumnos con gusto pola ciencia aplicada.As saídas lóxicas serían as carreiras técnicas tales como Enxeñerías ou Arquitectura e tamén capacita para carreiras experimentais como Matemáticas ou Física. Os Ciclos Formativos de Grao Superior desta rama de coñecemento son moi variados e pertencen a familias como Informática e Comunicacións, Electricidade e Electrónica, Edificación e Obra Civil, etc.
Ciencias Sociais
Este sería o itinerario vertebrado basicamente en torno á Economía, ás Matemáticas Aplicadas e ás Ciencias Sociais (esta última é a materia troncal obrigatoria). As materias de economía tratan da vida cotiá da empresa incluíndo contidos de contabilidade e marketing. O abanico de saídas universitarias que ofrece é moi amplo. É o itinerario que debes elixir se os teus intereses xiran arredor de ámbitos como os negocios (Economía, ADE…), as leis (Dereito, Relacións Laborais, Ciencias Políticas…), a comunicación (Comunicación Audiovisual, Xornalismo, Publicidade…) ou a educación (Maxisterio, Educación Social…).Tamén é o itinerario para cursar Ciclos Formativos de Grao Superior das familias de Administración e Xestión, Comercio e Marketing, Hostalaría e Turismo e Servizos Socioculturais e á Comunidade.
Humanidades
Este é o itinerario propiamente de Letras, o que explica que teña como materia vertebral o Latín que é a materia troncal obrigatoria. Ademais realízase unha panorámica da Historia do Mundo Contemporáneo, da Historia da Filosofía e da Historia da Arte.Este itinerario é o que hai que escoller para cursar estudos de Filoloxía, Belas Artes, Historia… Tamén permite o acceso a algúns Ciclos Formativos de Grao Superior das familias de Artes Gráficas e Hostalaría e Turismo.
Elección de modalidade para 1.º de Bachillerato
Elección de modalidade para 2.º de Bachillerato
O proxecto dixital é un recurso que se demostrou efectivo á hora de complementar o libro tradicional. Abre máis fiestras ao mundo e dá a profesores e alumnos a oportunidade de explorar en tempo real calquera área do coñecemento. Temos a seguridade de que se está mellorando tamén a calidade das propias aprendizaxes.
Invitamos os alumnos a facer un uso racional e ético da tecnoloxía, a ser máis protagonistas da súa propia aprendizaxe, a desenvolver a creatividade e traballar de forma cooperativa. Sabemos que é a liña que mellor os prepara para o mundo universitario e profesional. En definitiva, para a sociedade do século XXI.
Todo isto non sería igual de eficaz sen Sallenet. Ademais de ser un instrumento de comunicación, é tamén unha ferramenta de ensino e aprendizaxe (Moodle). Combinamos os usos transmisivos, interactivos e colaborativos para que os alumnos se aproveiten de toda a potencialidade das tecnoloxías da información e a comunicación e poidan alcanzar os obxectivos de cada materia. Ten o valor engadido de que anticipa perfectamente a contorna moodle que van atopar os alumnos na maior parte das universidades.
Horario semanal
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | |||
8:30-9:20 | |||||||
9:20-10:10 | |||||||
10:10-11:00 | |||||||
11:00-11:30 | Recreo | ||||||
11:30-12:20 | |||||||
12:20-13:10 | |||||||
13:10-14:00 | |||||||
14:00-14:45 |