Asomándonos á USC
No marco do Programa Ponte o pasado venres 29 o profesor Fernando del Río achegouse á nosa escola. O propósito foi explicar aos alumnos de 4º de Economía e Emprendemento os principios básicos sobre os que se asenta a escolla do mercado como instrumento de asignación de bens e servizos. O profesor de Fundamentos de Análise Económico tratou de dar luz sobre os conceptos de eficiencia, excedente, oferta e demanda, o papel dos prezos… así como a súa disposición para solventar calquera dúbida sobre as titulacións que se imparten na súa facultade. O alumnado estivo ben atentos, procurando non perder detalle!
Agora toca que poñan en marcha o seu xuizo e valoren se será o mercado a mellor ferramenta, será o Estado, acaso unha mixtura de ambos ou quizais ningún deles… A tarefa comeza agora.
Ánimo pois!