Asemblea universitaria e encontro JOVAD en Valladolid
O encontro formativo tivo lugar o 3 de setembro na residencia de Arcas Reales, en Valladolid.
Na xornada participaron máis de 40 mozos/as universitarios dos diferentes centros educativos da zona noroeste.
Despois do ambiente estival dos encontros e campamentos, e tras un merecido descanso, arrinca un novo curso pastoral cheo de novos retos e desafíos para os mozos dos nosos centros. Foi un verán cheo de reencontros e experiencias despois de dous anos de parón -ou propostas adaptadas a pequena escala pola pandemia- e o efecto positivo fíxose notar nas boas vivencias experimentadas por alumnos e animadores.
O curso 2022/2023 arrinca cunha lema “moi noso”, que define e integra moi ben o ADN lasaliano baixo a frase Xuntos, mellor. Sen a coordinación e a cooperación dos nosos animadores sería imposible levar cara adiante a experiencia de vida e de fe dos mozos, e este lema sintetízanolo moi ben. Xunto á presentación do lema do ano, os asistentes gozaron dun tempo amplo de acollida por grupos e en asemblea; neste espazo, os diferentes integrantes compartiron a súa memoria do curso pasado e do verán, así como as perspectivas de presente e futuro persoais: onde van estudar, acceso aos primeiros postos de traballo, prácticas no estranxeiro… Todo un mundo de posibilidades e opcións que levan marcado o selo e a identidade de La Salle.
Non é posible terminar un bo encontro sen unha boa comida compartida. Tamén o feito de compartir mesa é algo “moi noso”, moi lasaliano; e o contexto de Arcas é un escenario natural inmellorable para iso, non cabe dúbida. Un día de alegría e boas sensacións para poñer os motores a punto e seguir dando pasos na preciosa tarefa da animación e o crecemento persoal.