
ÁS PORTAS DO FESTIVAL DE NADAL
As alumnas e alumnos de educación infantil estamos a preparar con moita ilusión o noso festival de Nadal.
A maiores das actuacións dos distintos grupos, pensamos nunha actividade conxunta para poñer
fin ao mesmo, nun gran momento musical cheo de voces, ritmo e instrumentos. Grazas á ANPA colexial que nos agasallou cun carriño ata arriba destes para poder tocar sempre que precisemos e aprender moito da música; non só no internivel senón na cotidianeidade e en grandes momentos coma o será o próximo día 22 de decembro, na nosa actuación estelar.
CRISTINA CASTRO
Mestra de Educación Infantil

