AS NOSAS MARABILLOSAS MANS
“A man é a ferramenta educativa máis importante para os nenos”.
(María Montessori)
Sendo bebés, descubrimos as nosas mans como algo alleo co que xogar, amedida que crecemos, entendemos que son unha parte fundamental do noso corpo.
As nosas mans desempeñan infinidade de funcións, permítennos explorar a nosa contorna: tocar, agarrar, sentir, manipular,…; facilítannos a interacción cos demais: acariñar, comunicarnos, abrazar,…; axúdannos a coñecernos a nós mesmos e a desenvolver a nosa autonomía.
No noso Internivel de Escritura Creativa realizamos numerosas actividades “super divertidas” (xogos con pinzas, mesa de luz, abelorios, labirintos,…), co fin de alcanzar unha maior destreza e precisión nos movementos das nosas mans que nos permita afrontar con seguridade as aprendizaxes relacionadas coa escritura.
SITA SANMARTÍN
Mestra de Educación Infantil