Alumnos de Bacharelato na fase escolar do Modelo de Parlamento Europeo
O pasado xoves 13 de outubro celebrouse no colexio La Salle a Fase Escolar do Modelo de Parlamento Europeo, programa educativo que pretende fomentar a cultura de debate parlamentario nos estudantes. Un total de 57 alumnos de 1.º de Bacharelato participaron neste certame. Desenvolveuse ao longo dun día intenso e produtivo, no que, durante a mañá traballaron en distintas Comisións. Nelas, foron alcanzando consensos, mediante un intenso diálogo, sobre temas tan actuais como: A nova orde xeopolítica e a defensa de Europa; A intelixencia artificial, novos espazos dixitais e a protección dos Dereitos Humanos; Emprego xuvenil- Investir na mocidade europea ou A crise de subministracións e o papel de Europa no comercio internacional. Estas Comisións estiveron presididas polos seus compañeiros de 2º de Bacharelato que foron seleccionados para a Fase Autonómica, Nacional e Internacional na edición anterior deste certame. Pola tarde, estes acordos aos que chegaron, defendéronse e debateron nunha auténtica Asemblea Parlamentaria. Os delegados seleccionados para a próxima Fase Autonómica que se vai a celebrar no Parlamento de Galicia no mes de novembro son os alumnos de 1.º de bacharelato: Guillermo Abalo, Alejandro Arza, Candela Otero, Susana Méndez, Laura Suárez, Inés Soto, Arturo Ponte e Samuel Gallardo.
Queremos felicitar tamén ás alumnas, Sofía López e Magdalena Carranza, que terminaron segundo de Bacharelato o curso pasado, xa que foron seleccionadas, pola súa brillante actuación no Congreso dos Deputados en Madrid, para participar dentro da delegación española, na Sesión Euromediterránea de Milán con mozos de toda Europa.