Festa da danza e da lingua!
Este martes, as nenas e nenos de primaria xunto co seu profesorado, celebraron a cultura galega por todo o alto!
Por fin, despois de varios anos, recuperamos o noso clásico festival de danza galega. O alumnado das distintas clases de primaria, coa axuda dos seus profesores e profesoras, preparou fermosas e creativas danzas tradicionais a partir de marabillosas cancións da nosa terra.
Os nenos e nenas estiveron moi emocionados e gozaron moito, tanto bailando coma vendo aos seus compañeiros e compañeiras actuar. Ao rematar o festival, alumnado, profesorado e algunhas familias que quixeron acompañarnos, fomos ao Panteón dos Galegos Ilustres a continuar a nosa celebración. Alí realizamos unha ofrenda, escoitamos algunhas lecturas mais cantamos o himno galego.
Foi unha mañá moi emotiva na que nos sentimos máis unidas ca nunca, como unha gran familia que somos.
Agora, soamente nos queda desexar que teñades un feliz Día das Letras Galegas!