Participación no torneo de Debate Académico de Galicia
O mércores 1 de febrero cinco alumnas de 1.º de bacharelato do noso colexio representáronnos no IV Torneo de Debate Académico de Galicia (TDAG), celebrado na sede da Fundación Barrié da cidade da Coruña.
Nesta fase eliminatoria, 42 equipos de 4.º da ESO e Bacharelato disputábanse 16 prazas para as finais. Zoe Martínez, Carme Osende, Uxía Caridad, Patricia Bao e Alejandra Alonso enfrontáronse a tres debates moi intensos. Con antelación, prantexóuselles unha pregunta ”¿o coñecemento debe valorarse en función da súa utilidade?”, e, ó azar, cada equipo debe defender a postura A FAVOR ou a postura EN CONTRA. De forma alterna, o debate consiste en catro fases por equipo: un discurso inicial de 4 minutos, unha primeira refutación de 5 minutos, unha segunda refutación dividida en tres tandas de minuto e medio cada unha, e unha conclusión final.
Un xurado formado por dúas persoas califica a labor dos dous equipos, os aspectos formais, a calidade dos argumentos, as maneiras, os tempos, o vocabulario, a dicción, …
Ás 11 da mañá, ben cedo, primeiro debate. Tocounos a postura A FAVOR. Gañamos, pero con poucos puntos. Despois de comer, un segundo debate, tamén postura A FAVOR e tamén ganado. A media tarde, o terceiro debate e por terceira vez postura A FAVOR. Neste último, non superamos en puntos ó equipo contrario. As nosas debatentes foron crecéndose debate tras debate, deron todo o que tiñan pero ó final, a suma de puntos (ou a mala sorte) non as fixo estar entre os 16 primeiros equipos. Non importou. Importou moito máis o aprendido, o superar nervios e tensións , o coñecer e dialogar con rapaces de outros institutos de Galicia… En fin, a experiencia, o camino, importa máis que a meta.
Noraboa ás cinco alumnas, que en breve participarán en máis debates (o Parlamento Xove) e que de seguro seguirán dando o mellor de sí. Agradecer tamén a preparación previa e o acompañamento que tiveron estas alumnas por parte de alumnos de 2.º de bacharelato (debatentes de anos anteriores) e dos profesores Mónica de Soto, Xan Guillén e José Feijoo.