Orientación e apoio
Enténdese a orientación como un proceso que inclúe a toda a comunidade educativa, que debe garantirse desde as primeiras idades do alumnado permitindo así a prevención e detección temperá das súas dificultades tanto no desenvolvemento persoal ou da aprendizaxe, como na toma de decisión vocacional. De aí a necesidade de que os centros educativos conten con profesionais da orientación que colaboren co profesorado e as familias para lograr un desenvolvemento integral do alumnado.
No Departamento de Orientación traballamos unha mestra de Audición e Linguaxe (María Montero) cun total de 25 horas semanais, unha mestra de Pedagoxía Terapéutica, cun total de 25 horas semanais (Lidia Muñiz) e dous orientadores, Araceli Traba (18 horas para Educación Infantil e Primaria, das cales 4 son de PT e 7 horas para Bacharelato) e Juan Manuel Pérez (25 horas para ESO).
Algunhas das nosas accións individuais e conxuntas do Departamento con respecto á atención á diversidade son: a primeira redacción da concreción anual do Plan de Atención á Diversidade (para ser revisada pola CCP), a elaboración de informes psicopedagóxicos, a inclusión de alumnado nos protocolos de atención á diversidade, o asesoramento a profesorado e familias, a planificación e posta en marcha de programas como “Patios Dinámicos” , a previsión, seguimento e avaliación dos apoios por parte das mestras de Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica, a elaboración e coordinación do plan de orientación académica e profesional e o apoio á acción titorial.
Ademais de realizar avaliacións psicopedagóxicas e os correspondentes informes do alumnado do que se solicita, facemos informes con outros propósitos, desde a comunicación con servizos sanitarios, públicos ou privados, ata a solicitude de bolsas destinadas a necesidades educativas.
Contactos:
Orientador ESO e Coordinador do DO:
xoanmanuel.perez@
Orientadora Infantil, Primaria e Bacharelato:
araceli.traba@lasallesantiago.
Mestra de Audición e Linguaxe
maria.montero@lasallesantiago.