
1,2,3… marchando
A psicomotricidade como parte fundamental do desenvolvemento integral
das nosas nenas e nenos.
A psicomotricidade divídese en dúas partes: motora e psíquica. A unión destes constitúe parte do proceso de desenvolvemento integral das persoas. A importancia da psicomotricidade nos primeiros anos de vida das persoas é básica, xa que a aprendizaxe prodúcese mediante o movemento, a acción do neno sobre o medio e as vivencias.
A psicomotricidade xoga un papel fundamental no desenvolvemento dos menos e nenas:
- • A nivel motor: permite que o neno domine o movemento corporal.
- • A nivel cognitivo:permítelle ao neno mellorar a memoria, a atención e a concentración.
- • A nivel social e afectivo: permite aos nenos coñecer e enfrontarse aos seus medos, así como relacionarse cos demais.
Na aula de psicomotricidade adquire nocións de espazo, tempo, lateralidade, relacionadas co seu corpo, obxectos, situacións que facilitan a adquisición de novas aprendizaxes, e o desenvolvemento das súas capacidades. Por iso o noso alumnado sempre estará en movemento.
PURI GONZÁLEZ
Mestra de Educación Infantil



