
XOGOS OLÍMPICOS POR TODO O ALTO
Antes das vacacións, o alumnado de 1º e 2º de primaria viviu un evento moi especial!
Despois de varias semanas traballando na aula cun divertido proxecto de deportes, as nenas e nenos, xunto coas súas profesoras, celebraron os Xogos Olímpicos do primeiro ciclo, e fixérono ao grande: cun facho olímpico incluído! Ademais, este facho percorreu Santiago no ano 1992 e, nesta ocasión, tivemos a sorte de que volvese a brillar entre nós, chea de historia e emoción.
As nenas e nenos estaban moi emocionados, e demostraron ser moi participativos e respectuosos coas normas e regras dos diferentes xogos. Grazas ao irmán Juan por compartir e axudarnos a amenizar este momento tan único con todas e todos nós. Que mellor forma de rematar un proxecto que cun evento compartido tan divertido e especial.
Deporte, ilusión e recordos que nos acompañarán sempre!
Viva o deporte!





