Xa estamos en marcha!
O alumnado de primaria xa comezou e está traballando nos distintos ámbitos de NCA con moita motivación!
O tempo pasa moi rápido, e as nenas e nenos de primaria xa están somerxidos de pleno no curso escolar. Xa podemos ver algúns resultados dos proxectos que están desenvolvendo nos distintos niveis da etapa. En primeiro, o alumnado ten as aulas ambientadas na selva, e traballan a través dos animais sobre como ter unha boa convivencia, sobre saber xestionar conflitos… En cuarto, están levando a cabo distintas misións que lles axudan a aprender a identificar as emocións, a traballar as desigualdades, entre moitas outras cousas.
Os seminarios tamén comezaron, e moitos deles dunha maneira moi especial. Por exemplo, o profesorado de cuarto, levou ás nenas e nenos ao laboratorio do colexio para que tiveran a oportunidade de coñecer os distintos instrumentos que alí se empregan para medir, facer mesturas, transportar substancias… En 5º de primaria, están traballando os conceptos de masa, volume, densidade e flotabilidade en ciencias naturais, e que mellor maneira de facelo que comprobando coas súas propias mans que ocorre con distintas froitas ao aplicarlles determinadas variables. Como ben sabemos, non hai mellor forma de aprender que facendo e experimentando.
Tamén temas ao noso alumnado facendo auténticas marabillas nos obradoiros de plástica e de música. Que nunca falte a creatividade!
O máis fermoso é ver como están motivados e motivadas, e que a aprendizaxe que levan a cabo sexa activa e significativa.
Estamos seguras de que non esquecerán o aprendido!