
Viva o entroido!
O pasado xoves foi unha xornada do máis divertida no colexio!
As nenas e nenos de primaria, tras moitos días de preparación, puideron gozar dunha festa de entroido do máis completa e variada.
Tivemos a sorte de poder celebrar, acompañados dun tempo soleado, o carnaval por todo o alto. As nenas e nenos puideron comer orellas, filloas, rosquillas entre outros deliciosos doces que cada un trouxo da súa casa para compartir cos demais. O alumnado tamén puido desfrutar de diferentes xogos dirixidos por membros do profesorado e familias. Ademais, que mellor forma de rematar a festa que bailando e cantando grazas ao fabuloso traballo dos animadores musicais de Animus.
Tanto as profesoras e profesores coma o alumnado estamos moi agradecidos por poder pasar unhas horas tan divertidas e en tan boa compaña.
Continuemos gozando do entroido!







